Saturday 18 de May de 2024

A Laracha acollerá o 1 de decembro un obradoiro con familias sobre alimentación saudable


A inscrición xa está aberta e pode formalizarse en liña ou presencialmente no Concello.

O vindeiro xoves día 1 de decembro a Casa da Cultura da Laracha acollerá de 18:00 a 20:00 horas un obradoiro sobre alimentación saudable impartido por Sandra Varela no que se convida a participar a todos os públicos, e especialmente ao familiar.

O consumo de azucre, a prevención das doenzas grazas a unha boa alimentación, lograr que a mocidade estableza uns hábitos alimenticios saudables e propoñer ideas de cenas saudables e sinxelas son algúns dos temas que centrarán esta proposta enmarcada no Espazo Educa-Creando Pontes e organizada en colaboración entre o Concello da Laracha e o Centro de Formación e Recursos da Coruña da Xunta de Galicia.

A inscrición para participar neste obradoiro familiar xa está aberta. Pode formalizarse presencialmente no Concello ou en liña cubrindo o formulario que está dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais.